Medio Ambiente investirá en 2015 na provincia de Lugo máis de 275 euros por habitante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará o vindeiro ano a seu máximo esforzo inversor na provincia de Lugo, aportando máis de 275 euros por habitante. Nos Orzamentos da Xunta para 2015, remitidos hoxe ao Parlamento de Galicia, contémplase un incremento dun 64 por cento dos investimentos deste departamento en Lugo en relación coas contas do actual exercicio, chegando a case de 95 millóns de euros.

Os investimentos nesta provincia en materia de infraestruturas viarias, que suporán 42,25 millóns de euros, son os máis ambiciosos dos últimos anos e farán posible rematar a Vía de Altas Prestacións entre Celeiro-San Cibrao , que contará con case 10 millóns de euros; o tramo Sarria-Monforte do eixe entre Sarria e Lugo, onde o Executivo autonómico aportará 18,87 M€, ademais de finalizar o acceso ao porto de Burela, que ten un investimento de 6,12 millóns de euros.

Así mesmo, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mantén un importante presuposto para a conservación e mellora da seguridade vial, nunha rede viaria de 1.500 quilómetros, e para avanzar no desenvolvemento do Plan de Paradai.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

2015

VAP Sarria – Monforte

18,87 M€

VAP da Costa Norte

TREITO CELEIRO – SAN CIBRAO

9,64 M€

Acceso ao Porto de Burela

6,12 M€

Plan Paradai

0,75 M€

No capítulo de Augas de Galicia, o investimento increméntase ata os máis de 34 millóns de euros, fronte aos 10,87 do actual exercicio, o que fará posible acometer diversas obras hidráulicas, así como garantir a explotación autonómica das depuradoras de Ribadeo e Alfoz ao que se destinará 1,32 millóns de euros; así mesmo levarase a cabo a adecuación do couce e ordenación das marxes dos ríos de Sarria e Celeiro; prolongarase a rede de abastecemento en Outeiro de Rei e mellorarase o abastecemento na localidade lucense de Taboada, cunha achega de medio millón de euros.

AUGAS DE GALICIA

2015

Explotación das depuradoras de Ribadeo e Alfoz

1,32 M€

Adecuación couce e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro

0,88 M€

Prolongación da rede de abastecemento en Outeiro de Rei

0,80 M€

Infraestruturas básicas en Cospeito, fase 2

0,71 M€

Renovación condución xeral dende depósito de San Simón a Vilalba

0,64 M€

Mellora do abastecemento a Taboada

0,50 M€

Vivenda

Por outra banda, en materia de vivenda, a Xunta de Galicia investirá máis de 7 millóns de euros, aportando 3,58 millóns para axudas de rehabilitación de vivendas e case outros tres en subvencións dirixidas ao aluger, sen esquecer a rehabilitación do barrio da Tinería na cidade de Lugo e a reparación de vivendas de protección pública (VPP), entre outras accións.

VIVENDA

2015

Construción de vivendas VPP no Incio

Ano 2015: remate de obra

0,10 M€

Reparación de VPP

0,55 M€

Axudas para rehabilitación de vivendas

3,58 M€

Axudas dirixidas ao aluguer de vivendas

2,96 M€

No apartado de Calidade e avaliación ambiental, o Goberno galego investirá 1,18 millóns, tanto en actuacións na calidade do aire; en puntos limpos e clausura de vertedoiros da construción; ademais de levar a cabo a clausura de puntos de vertedura incontrolada, con un investimento de 420.000 euros.

A Dirección Xeral de Mobilidade prevé incrementar o orzamento destinado ao funcionamento do Plan de Transporte Metropolitano na área de Lugo e realizará un importante impulso a conexión co Porto seco de Monforte, ao que se dedicarán 3,27 millóns de euros.

No relativo á conservación da natureza, emitiranse axudas aos concellos incluídos na Rede Natura 2000 e subvencións á ordenación cinexética e piscícola, sen esquecer o Plan de Conservación da praia das Catedrais que se está a tramitar.

Así mesmo, rematarase, no campo do urbanismo, dentro do Plan Hurbe, hai que destacar o investimento que a Consellería prevé realizar para rematar o Auditorio de Lugo, ao que se destinarán 4,2 millóns de euros. Ademais, mellorarase os accesos a núcleos rurais no Saviñao, e se afondará nas axudas para a redacción de planeamentos urbanístico, cun orzamento que duplica o do ano 2014 e que chega ata 680.000 euros.

Auditorio de Vilalba

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, fixo una análises dos presupostos da Consellería de Medio Ambiente para o 2015, no transcurso dunha visita de supervisión das obras de impermeabilización da cuberta do Auditorio de Vilalba. As obras, que se están a levar acabo neste inmoble, foron adxudicadas por máis de 250.000 euros e supoñen a súa adecuación e mellora, co que se porá fin aos problemas de filtracións de auga da chuvia, así como reparacións interiores. Na visita participou tamén a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O Auditorio é o equipamento público municipal por excelencia que posúe o concello de Vilalba para prestar servizos de tipo cultural, no cal se celebran actuacións musicais e espectáculos teatrais, entre outros eventos. As actuacións teñen por finalidade a reparación da cuberta, así a recuperación da pel interior do edificio.

20 de outubro de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.