Maxi Kleber será baixa por unha rotura de fibras no xemelgo fronte ao Iberostar Tenerife
O á-pivote do Rio Natura Monbus Obradoiro, Maxi Kleber, sofre unha rotura de fibras no xemelgo interno da súa perna esquerda, tras recibir un golpe durante o partido da semana pasada ante o FIATC Joventut.
Este problema muscular non lle permitirá xogar ante o Iberostar Tenerife, que visita o Fontes do Sar este domingo 2 de novembro (13:00 horas).
O xogador traballa desde xa mesmo na súa recuperación en conxunto co persoal técnico e os servizos médicos do club.











