publicidade hoxe

Malasombra abre un novo ciclo de “Tempo de teatro” en Tabeaio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral inicia un novo ciclo de teatro que terá lugar nos meses de novembro e decembro no local Xente de Nova de Tabeaio.

A primeira función corre a cargo da compañía Malasombra, que presentará a obra GO ON!, unha comedia que leva acumulado un amplo éxito por múltiples salas de toda Galicia. Será o sábado 1 de novembro.

A compañía de teatro afeccionado O Aturuxo de Melpómene presentará A ratoeira, o clásico de Agatha Christie. Esta función terá lugar o sábado 22 de novembro. Pola súa banda, o grupo Folerpas Teatro presentará A vida na charca o 27 de novembro. Xa no mes de decembro, o sábado 13, o grupo carralés Charamusca Teatro presentará unha nova produción, e o día 20 rematará este ciclo de teatro co espectáculo infantil Nuncabunga da compañía galega Elefante Elegante.

Todas as funcións terán lugar ás 21 h, agás a sesión infantil que comezará ás 18 h. O acceso a todos os espectáculos é de balde.

GO ON!, obra coa que comeza mañá sábado as funcións, “é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas. “GO ON!” é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase “non me toques os suevos”, cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva para a pregunta: Que din os rumorosos?. GO ON! é unha odisea cómica no espacio galego”.

31 de outubro de 2014 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.