Ludoteca en Nigrán para conciliar a vida laboral e familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Salón de Actos Municipal acollerá o vindeiro luns 3 de novembro unha ludoteca infantil de acceso libre e gratuíto, aberta de 10.00 a 14.00 horas co obxectivo de axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños de Nigrán, nun día no que practicamente todos os centros escolares do municipio permanecerán pechados.

A ludoteca estará coordinada polos alumnos que están a realizar o curso de animación e tempo libre, que impartirán obradoiros de xogos e obradoiros musicais aos nenos asistentes.

27 de outubro de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.