Limpeza de colectores no Carballiño
A Deputación provincial procede nestes días á limpeza dos colectores da vila do Carballiño, executando estes traballos a conciencia xa que, ademais de usar o vehículo de limpeza, tamén están a proceder ao cepillado e lavado a man de cada un deles. Esta é a terceira llimpieza que se dá aos colectores neste ano 2014.
Ademais a brigada municipal compaña a estes operarios da Deputación, para limpar as beirarrúas , debaixo dos colectores, realizando desta forma unha limpeza integral.
Estes traballos realizaranse durante estes días, finalizando o vindeiro luns.











