publicidade hoxe

Ler é un pracer en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Un ano máis  con motivo da celebración do día da Biblioteca o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha actividade baixo o slogan “Ler  é un pracer”  dirixida aos mais cativos, co fin de ir creando o hábito da lectura dende unha idade temperá. Así o próximo venres 24 de outubro realizarase unha actividade  de conta contos dirixida a nenos e nenas dende os 3 ata os 9 anos, todos os interesados en participar deberán acercarse ese día a biblioteca municipal.

22 de outubro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.