Inaugúrase o curso “Reformas da contabilidade das entidades locais” organizado pola EGAP e a Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación, Diego Calvo, inaugurou esta mañá a segunda sesión do curso sobre “Reformas da contabilidade das entidades locais”, organizado en colaboración coa Escola Galega de Administracións Públicas.

Durante a súa intervención, Calvo destacou o papel “de continuo apoio” que se presta desde as deputacións provinciais e, no caso concreto da Deputación da Coruña, citou a posta en marcha dun “novo e áxil” programa informático para facer “máis eficaz e eficiente” o control da contabilidade nos 93 municipios da provincia.

Ademais, citou as novidades que, neste sentido, se incluirán coa aprobación da Lei de racionalización e sustentabilidade das administracións locais, insistindo no papel das deputacións como “entes encargados de garantir os servizos públicos nos concellos”. 
O curso, celebrado na sede do ONCE, realízase en virtude do convenio asinado entre a Deputación e a EGAP, o pasado 5 de setembro, para “o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación”.

A encargada do relatorio da xornada foi Elena Estrada, xefa da área de administración local da Secretaría Xeral de Planificación e Dirección da Contabilidade da IGAE (Intervención Xeral da Administración do Estado).

21 de outubro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.