Imputan a un matrimonio de Tui por un roubo con forza no interior dunha vivenda
A Garda Civil imputou a J.V.N., de 34 anos de idade e á súa esposa C.A.A., da mesma idade e ambos veciños de Tui, como supostos autores dun delito de roubo con forza no interior dunha vivenda
O pasado 23 de agosto presentouse unha denuncia no Posto Principal da Garda Civil do Porriño na que se participaba que autor/es descoñecidos, despois de forzar unha das xanelas da vivenda do denunciante, accederon ao interior da mesma apoderándose de varias xoias e equipos de imaxe e son.
Por mor diso, por compoñentes do referido Posto Principal da Garda Civil, inícianse as oportunas investigacións que deron como resultado a imputación deste matrimonio como suposto autores do feito denunciado.
As dilixencias instruídas serán remitidas ao Xulgado de Instrución número TRES do Porriño, onde terán que presentarse os imputados cando para iso sexan requiridos.











