Igualdade finaliza as mesas de traballo con técnicos municipais e tecido asociativo de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, informou sobre as diferentes reunións de traballo que tiveron lugar para a elaboración do III Plan de Igualdade do Concello de Ferrol para o vindeiro cuadrienio 2015-2019. Estas mesas preparatorias estiveron dedicadas ao emprego, coeducación, saúde, deporte, participación social e sensibilización cidadá, transversalidade de xénero na xestión da Administración Local, prevención e atención integral da violencia de xénero, e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Cada unha destas reunións estivo aberta a técnicos municipais de diferentes Áreas, tecido asociativo da cidade, responsables sanitarios, corpos de seguridade, …

Trala finalización destas xuntanzas de traballo, a Concellería de Igualdade está elaborando os informes que entregará aos diferentes grupos políticos e, posteriormente, convocar dita mesa preparatoria. Así, destas reunións de traballo sairá a proposta de documento deste III Plan de Igualdade que se terá que aprobar en Pleno e que ten como obxectivo seguir avanzando na igualdade real entre homes e mulleres.

22 de outubro de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.