Idiomas para comezar o curso en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A concellaría de Xuventude sigue apostando pola formación en tempos de crise e como o saber idiomas,nestes momentos, é practticamente indispensable, amplía a súa oferta agora que comenza un novo curso. Así cabe destacar que dentro da programación de cara ao mesmo, no caso de formarem os grupos mínimos, se ofrecen clases de inglés para adultos, na finca de Besada, en tres niveis: básico, elemental e intermedio, os martes de 12.00 a 13,30,tamén os martes de 10.30 a 12.00 e os xoves de 10.30 a 12.00, respectivamente; clases de alemán, de primeiro e segundo nivel, os xoves e os martes, no Xaime Illa-Raxó, ámbolos dous de 20.30 a 21.30, clases de chinés de segundo nivel os martes e xoves de 16.00 a 17.00, en Besada; francés-conversa, na Escola do Campo en Combarro de 20.00 a 21.30 e de francés-iniciación, no mesmo lugar e no mesmo horario e xapones-iniciación, na finca de Besada, os xoves de 19.00 a 20.30 ou polas o venres pola mañá de 10.30 a 12.00 horas

Tódolos cursos teñen un coste de 25€/mes.

TALLERES DE TAPICERÍA, ENCADERNACIÓN CASEIRA, FOFUCHAS, BONSAIS ARTIFICIAIS OU MICRO-MACRAMÉ

Completan, xunto con outras opcións, a oferta relacionada co tempo de lecer, para @s amantes das manualidades.A concellería de Xuventude,que representa Gregorio Agís, organiza a través da OMIX estes cursos coa finalidade de ensinar as técnicas básicas, en tódolos casos, para despois poder aplicalas no fogar o que pode supoñer un gran aforro á hora de facer algún arranxo ou creación ou mesmo disfrutar das mesmas, aplicando os coñecementos á confección de obxectos personais ou agasallos.

-TAPICERÍA se impartirá na Casa dos Guardeses, en Besada, os venres de 10.00 a 12.00 ou de 17.00 a 19.00 h, durante 3 meses, cun coste de 20€/mes.

Quedan prazas dispoñibles no horario de mañá

-ENCADERNACIÓN CASEIRA sería tamén na finca de Besada os xoves de 9.30 a 13.30 ou de 16.30 a 20.30 , no mesmo lugar, cun coste de 30€/mes

-BONSAIS ARTIFICIAIS.Taller programado para os luns de 10.00 a 12.00 ou polas tardes de:16.30 a 18.30 ,cun coste de 15€/mes e os materiais incluidos.

-MACRAMÉ E MICROMACRAMÉ, para ocupar as tardes dos luns de 17.00 a 19.00 e cun prezo de 18€/mes

As persoas interesadas nalgunha destas actividades poden recabar máis información na páxina web do concello(www.concellopoio.es), chamar ao teléfono de información:986872401 ou pasarse pola OMIX para facer a reserva de praza.

1 de outubro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.