Gabriel Marcelli faise co título de vencedor do Trofeo Nacional de Trial Cadete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Gabriel Marecelli durante a proba. Foto: J.C. Vázquez

Gabriel Marecelli durante a proba. Foto: J.C. Vázquez

O pasado domingo 26 de outubro, celebrouse en Cabanillas de la Sierra (Madrid) a penúltima proba do Cto. de España e Trofeos Nacionais de Trial. Competición na que o galego Gabriel Marcelli vencía na súa categoría, Cadete, cunha grande diferenza de puntos. Logrando desta forma o título de Vencedor do Trofeo Nacional de Trial Cadete, despois lograr nas dúas tempadas anteriores, 2012 e 2013, os títulos de Vencedor da Copa de España de Trial Xuvenil 125 c.c., que nesta tempada 2014 conseguiu recentemente outro galego, Martín Riobó, que nesta competición participou na categoría de Cadete finalizando na 4ª posición.

Na proba tamén competiron os pilotos da categoría absoluta TR1, na que o galego Jorge Casales finalizo na 4ª posición.

27 de outubro de 2014 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.