publicidade hoxe

Fomento da lectura e Samaín en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O Concello de Cerdido comeza a súa campaña de fomento da lectura con varias actividades programadas para o vindeiro venres, día 24 de outubro, no que tamén se celebra o día da biblioteca. As actividades comezarán ás 10:30 horas coa representación de títeres da Xanela do Maxín: “Os libros do Titiriteiro”, á que acudirán tódolos alumnos/as do CEIP da Barqueira.

A continuación levaranse a cabo dous obradoiros de elaboración de monicreques con materiais de refugallo, dirixidos a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.

Tanto a representación de títeres como os obradoiros están organizados polo Concello de Cerdido, e contan coa colaboración da Deputación da Coruña e do CEIP da Barqueira.

O concello tamén ten previsto organizar o Samaín e o Magosto o vindeiro sábado 1 de novembro no pavillón polideportivo municipal. Nesta ocasión haberá talleres de decoración de cabazas e de maquillaxe terrorífica ademáis do concurso, xogos e música para pasar unha boa xornada. Os rapaces que desexen participar no taller de decoración de cabazas deberán traer unha cabaza da casa e aquí axudarémoslle a decorala. O concurso premiará entre outras a cabaza máis terrorífica, a máis grande e a máis pequena.

Esta actividade está organizada en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de Pais “Os Carrís”.

21 de outubro de 2014 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.