Finaliza a reconstrucción das beirarrúas da rúa López Cortón e comeza a da rúa Río Mestas
O concelleiro de Obras e Servizos, Alfredo Vilela, informou esta mañá do remate dos traballos de reconstrucción das beirarrúas ubicadas na rúa López Cortón, ubicada fronte ao colexio público Nicolás del Río na zona próxima á praia da Magdalena. Uns traballos necesarios especialmente de cara ao inverno, xa que o seu avanzado estado de deterioro facilitaba a inundación da zona de paso dos peatóns nas épocas de fortes choivas.
E un problema que, coas obras realizadas, o edil confía quede solucionado. Nesta liña, o concelleiro sinalou que a intervención consistiu na demolición completa da beirarrúa e na construcción dunha infraestructura nova, así como que as obras foron executadas pola nova cuadrilla de operarios cuxa contratación financiou a Deputación provincial da Coruña mediante unha achega. Así mesmo, e unha vez rematada esta actuación, a citada cuadrilla iniciaba unha nova obra de igual natureza. Neste caso, a reconstrucción das beirarrúas na rúa Río Mestas, un treito duns 80 metros emprazado no lateral do Centro de Saúde da vila.
Os traballos tamén levarán parella a demolición e nova construcción. E, a maiores, a canalización das augas pluviais cara á rede xeral. Ata o momento, a auga das baixantes saían directamente á rúa, co que tamén nesta zona era habitual a presenza de bolsas de auga.











