Festa de Halloween no Multiusos
O Santiago Futsal organiza este venres, día de partido no Multiusos contra Levante UD DM, unha festa Halloween na entrada do pavillón durante a tarde do venres.
Esta festa dirixida aos máis pequenos, comezará ás 18h e contará con xogos, obradoiros de disfraces e caretas con temática de Halloween, sorteos, inchables e moitos agasallos e sorpresas. Todo iso co apoio de monitores que se encargarán de animar a tarde e realizar diversas actividades para os nenos.
Con motivo da Festa de Halloween, os nenos menores de 13 anos entrarán de maneira gratuíta ao partido que enfronta a Santiago Futsal e Levante UD DM ás 20h no Multiusos Fontes do Sar.
Ao longo desta semana irán desvelando algunhas das sorpresas que se atoparán os nenos o venres na Festa de Halloween.
Colaboran:
Multixogo do Multiusos Fontes do Sar
Planeta Magic
Asoc. Cultural Don Bosco
Pecados de Compostela
Factory City Cakes











