Ferrol avanza na mellora do cemiterio municipal de Catabois co arranxo do pavimento e a ampliación de nichos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as obras de mellora que está a executar no cemiterio municipal de Catabois. Actualmente, case están rematados os traballos no pavimento coa preparación de pasillos de acceso; e tamén se está a realizar a ampliación dos nichos coa construción de 120 novos.

Segundo informou o edil Borja Carro, está previsto dar continuidade as obras de mellora e mantemento do camposanto con actuacións de conservación e pintado de fontes, a substitución dos bancos de formigón por outros de madeira e a reposición de papeleiras.

Ademais, xa está en proceso de contratación as obras de reforzo na estrutura así como o pintado das arcadas de acceso ao cemiterio e a mellora da capela. As obras permitirán fixar e reforzar as estruturas, eliminar as gretas, evitar as filtracións e levar a cabo un pintado integral das dúas arcadas e a capela. Este proxecto está valorado en 177.645,47 euros e executarase con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial da Coruña.

22 de outubro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.