Ferido un home tras chocar dous turismos no concello coruñés de San Sadurniño
Un home resultou ferido este martes na localidade coruñesa de San Sadurniño tras chocar dous vehículos que circulaban pola estrada AC-862.
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 19.00 horas do martes no quilómetro 17 da AC-862, en dirección a Ferrol, á altura de San Sadurniño.
Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e dos Bombeiros do Eume, que rescataron ao home, atrapado no interior do vehículo. Unha ambulancia do 061 trasladou á vítima a un centro hospitalario.











