publicidade hoxe

Fene, Ares e Cabanas desenvolven o obardoiro de emprego Reinicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCabanasFene
A-
A+

No día de hoxe o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego e o concelleiro de Promoción Económica do devandito concello, Juan Franco visitaron aos 21 alumnos que están a desenrrolar o obradoiro de emprego Reinicia que se realiza conxuntamente entre Fene, Ares e Cabanas.

En primeiro lugar visitaron en San Valentín aos 7 alumnos de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e comprobaron como xa están iniciando no espacio entre o paseo marítimo e o Colexio CPI A Xunqueira as tarefas de prácticas traballando nun espazo de mais de 40 metros que simula un buque coma homenaxe ao estaleiro fenés

A continuación desplazaronse a Ares, ao Centro Cultural da Terceira Idade onde os 7 alumnos de Actividades auxiliares de Agricultura e os 7 de Actividades Auxiliares e de Apoio ao Buque en porto están recibindo a formación empresarial e orientación laboral.

Compre lembrar que a denominación do obradoiro elixíuse pola volta ao sector primario, pois as tres especialidades pertencen a dito sector. Tendo en conta a situación actual nos nosos concellos , as elevadas cifras de desempregados no resto dos sectores, optouse por volver ás profesións tradicionais coa tecnoloxía actual.

O reparto de alumnos así como de aportacións se fixo en función da cifra de desempregados correspondendolle así o 61% a Fene, o 26% a Ares e o 13% a Cabanas.

O Obradoiro conta con tres especialidades e un total de 21 alumnos:

– Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería de 7 alumnos. Estanse a realizar as prácticas en diversos parques de Fene, Ares e Cabanas.

– Actividades auxiliares e de apoio ao buque en porto de 7 alumnos. Estanse a realizar as prácticas no buque “Aula de Mar a flote”en Ares.

– Actividades auxiliares de Agricultura de 7 alumnos. Se realizan as prácticaS en Cabanas.

Engadir que estase a impartir además da formación complementaria, a orientación profesional e formación empresarial e a educación básica obrigatoria, cursos como o de Manipulación de Alimentos e Xornadas de Cooperativismo que entendeuse que son os máis adecuados tendo en conta as especialidades a levar a cabo.

Este Obradoiro rematará a finais de febreiro do 2015.

31 de outubro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.