Fene amplía o servizo de información e asesoramento en relación coa regularización catastral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene que leva toda a semana atendendo aos veciños e asesorándolles nas alegacións en relación cos posibles erros que puidesen cometerse nas notificacións da Xerencia Territorial do Catastro do Ministerio de Facenda ampla ese servizo.

A ampliación deste servizo consiste en que desde mañá e durante os próximos días ata que termine o período de alegacións prestarase asesoramento e atenderá aos veciños no Salón de Plenos do Concello de Fene de luns a venres en horario de mañá (10 a 14 horas) e tardes (16 a 19 horas)

As persoas encargadas de seguir prestando asesoramento aos veciños farano como realizar as alegacións e poidan corrixirse os posibles erros que foron cometidos ao regularizar o catastro.

A regularización do catastro é un proceso que está a afectar a Fene, Mugardos e Valdoviño e afectará o resto de municipios en datas futuras.

30 de outubro de 2014 | 14:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.