Expourense volverá acoller unha nova edición do Festival Internacional de Xadrez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude” chega á cidade á sétima edición do Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2014” que terá lugar o vindeiro sábado día 1 de novembro en Expourense. Este torneo é a penúltima proba puntuable do Circuíto Galego 2014, que se ven disputando dende maio ata novembro pola xeografía galega e composto por 15 probas puntuables desputadas ao longo de toda Galicia.

Este festival foi presentado esta mañá no Concello de Ourense nun acto ó que acudiron o concelleiro de Deportes de Ourense, Alfonso Vilachá, o director do Clube Xadrez Ourense, Elías González, e a directora adxunta de Expourense, Emma González quen indicou que citas coma esta “son dinamizadores da vida spocioeconómica da cidade xa que despraza a moitas familias de fora que visitarán a cidade e os seus establecementos hostaleiros”.

Pola súa parte, o director do festival, Elías González, comentou que se trata “dunha proba completamente consolidada no calendario galego” e destacou a presenza de deportistas de primeiro nivel como Adrián Gómez, campión en Benidorm e finalista do campeonato Europeo de xadrez, ou Martín Gómez, campión de Galicia, ademais de contar coa presenza dos subcampións de Portugal.

Organizado unha vez máis por Expourense e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense, a sexta edición de este Festival contará con entre 250 e 300 participantes, que serán xoves de entre 6 e 16 anos, escolares e federados procedentes de toda Galicia, Castela León e Portugal.  

O evento contará preto de 50 xoves deportistas con ránking internacional feito que, unido á calidade dos premios e a cantidade dos deportistas reunidos coverte a esta cita ourensá nunha das tres máis relevantes citas do panorama Nacional para mozos e mozas.

Todos aqueles que desexen participar neste torneo aínda poden facelo ata hoxe xoves ás 22.00 horas. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do envío dun mail a traxerxadrez@hotmail.com. Existe información continuamente actualizada do evento na web www.xadrezourense.com.

Poderán participar neste festival os xogadores nacidos dende o 1998 en adiante. O torneo comezará o sábado 1 de novembro ás 11.00 da mañá coa recepción aos participantes e coa indicación das directrices técnicas por parte da dirección do festival. A competición xogarase polo Sistema Suizo a 7 roldas.

Obterán trofeos especiais os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Todos os participantes recibirán un trofeo conmemorativo da súa participación neste festival. A organización ten preparados numerosos sorteos e premios sorpresa entre os participantes.

A entrega está prevista para as 19.30 horas do sábado.

30 de outubro de 2014 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.