publicidade hoxe

Esta fin de semana a solidariedade invadirá Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Neda celebrará este domingo, 2 de novembro, a I Gala Solidaria. Será a partires das seis da tarde no pavillón do IES Fernando Esquío da localidade. Promovida polo negocio local Lomana Peluqueros, conta coa colaboración do Concello e o patrocinio de diferentes comercios e artistas. As entradas véndense ao prezo simbólico de dous euros e a recadación lograda coa súa venta, así como coas rifas que se porán a disposición do público, irá integramente destinada á Asociación de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame). Na Gala, conducida polo actor Alberto Da Sinda, haberá desfiles de moda, peiteados e tocados. Tamén os monólogos de Víctor Grande e Luis Pousada. As actuacións musicais de Marcos Mella e da moza Irene Alcalá; exhibicións de ximnasia rítmica a cargo das irmás Laura e Carla Pena; de baile con Fussion Dance, de Fene; ou actividades para nenos coa compañía Axóuxeres.

31 de outubro de 2014 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.