Dura proba a final de semana para o Santiago Futsal
Tras a terceira vitoria consecutiva en Liga, conseguida o venres ante Uruguai Tenerife FS (5-2), o conxunto de Santiago xa prepara a cita fronte ao seu próximo rival, o Xaén Paraíso Interior, un dos equipos revelación desta tempada e que se asenta na 3ª posición da liga.
O Santiago Futsal, que tras a 6ª xornada ocupa a 7ª praza da clasificación da liga Nacional de Fútbol sala, sairá o mércores á noite con destino a Xaén e exercitarase na cidade andaluza o xoves, antes de enfrontarse o venres ao seu rival.
O partido que enfrontará a Santiago Futsal e Xaén Paraíso Interior xogarase o venres no Pavillón de La Salobreja ás 21h.
Plan de traballo semanal
Luns 20 de Outubro
9.30h- Multiusos- Preventivo + Resistencia Velocidade + Porteiros
16.45h- Multiusos- Táctico
Martes 21 de Outubro
9.30h- Multiusos- Veloc. Desplazam. + Porteiros
17h- Táctico
Mércores 22 de Outubro
23h- Saída cara a Xaén
Xoves 23 de Outubro
10.30h –Pavillón por confirmar- Adestramento
Venres 24 de Outubro
21 h-Pavillón de La Salobreja-Partido da 7ª Xornada de LNFS
Xaén Paraíso Interior vs Santiago Futsal











