Dous detidos en Nigrán por requirimento do xulgado de Vigo
A Policía Local de Nigrán detivo na tarde de onte a un home de orixe romanesa que responde as iniciais G.D. que estaba baixo procura e captura a requirimento dun xulgado de Vigo. O home, de 55 anos de idade, foi detido mentres estaba de ocupa nunha vivenda abandonada no termo municipal, xunto cunha muller e o seu fillo, menor de idade.
Doutra banda, un control ordinario finalizou con outro detido na mañá de hoxe por un delito contra a seguridade viaria, ao circular no seu vehículo coa documentación preceptiva –o carné de conducir- caducada. O detido, veciño de Nigrán e nado no ano 1980, responde as iniciais A.C.E.











