Difícil visita para o Azkar Lugo F.S. que se enfronta ao poderoso Inter Movistar
O Azkar Lugo F.S. afronta un novo compromiso ligueiro, será na pista do poderoso Inter Movistar, mañá venres (21:00 horas – Caixa Madrid de Alcalá de Henares). Farano coa intención de pelexar durante os 40 minutos dun partido a priori moi complicado e intentar dar a sorpresa sumando algún punto.
Para este encontro o técnico lucense conta coas baixas por lesión de Manuel María e Cospe, mentres que Mimi entra na convocatoria a pesar dos problemas físicos que tivo dende o partido ante Jumilla, tamén regresa á lista Nacho Pedraza que se perdeu o último compromiso.
Convocatoria:
Azkar Lugo F.S.: Óscar Iglesias, Mimi, Diego Núñez, Iago Rodríguez, Nacho Pedraza, Antonio Diz, Alex Diz, Javi Río, Illi, Rubén Mouriz, Jose López e Adri.
Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Alcalá:
Vitorias Inter Movistar: 11
Vitorias Azkar Lugo: 1
Empates: 1
Tempada 13/14: 5-3.
Tempada 12/13: 4-3.
Tempada 11/12: 4-1.
Tempada 10/11: 3-2.
Tempada 09/10: 8-2.
Tempada 08/09: 5-1.
Tempada 07/08: 3-2.
Tempada 06/07: 2-0.
Tempada 05/06: 8-1.
Tempada 04/05: 4-1.
Tempada 03/04: 1-1.
Tempada 02/03: 11-0.
Tempada 00/01: 1-3.











