publicidade hoxe

Deteñen aos supostos autores dun roubo con forza en establecemento de hostalaría de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte CaldelasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a J.L.C., de 23 anos de idade e veciño de Ponte Caldelas e a un veciño de Pontevedra, I.L.S. de 28, como supostos autores dun roubo con forza nun establecemento do municipio de Ponte Caldelas.

Este ilícito, cometido na noite do 17 ao 18 do mes actual, foi denunciado polos propietarios do establecemento ante a Garda Civil manifestando que para acceder ao mesmo forzaron unha xanela traseira e unha vez no interior, despois de revolver en varias dependencias apoderáronse da recadación do día.

Por mor desta denuncia compoñentes do Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas iniciaron as oportunas investigacións para o total esclarecemento do mesmo, que culminaron coa detención dos dous supostos autores.

Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, os detidos, que contan con antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número UN de Pontevedra quedando en liberdade con cargos.

22 de outubro de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.