publicidade hoxe

Degustacións de castañas e música nos Magostos de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Magosto chega a Neda da man das súas asociacións veciñais. Así, ao longo do mes de novembro, celebrarán esta tradicional festa nos diferentes locais sociais. A novidade, este ano, sitúase no Puntal, onde se organizará por primeira vez. En outubro, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o presidente do Círculo Cultural Recreativo e Deportivo do Puntal, Eladio Romero, asinaban un convenio de colaboración polo que a Administración local cedía o uso destas instalacións municipais para a realización de actividades socioculturais. O Magosto será unha das primeiras. Celebraráse o día 14 de novembro, a partires das 21 horas, e no programa se inclúe a degustación de castañas asadas e bolos preñados. Así mesmo, haberá amenización musical cun grupo. Previamente, serán as parroquias de Anca e Viladonelle as que organicen a cita nos seus respectivos locais sociais. En ambos casos, o día 8 de novembro. En Anca, dende as 22 horas e, en Viladonelle, a partires das 21 horas. Nos dous, degustacións de castañas e liscos e baile con grupo musical. E, o día 15 de novembro, chegará o turno do Roxal. Pola tarde, organizarán o tradicional taller de confección de cabazas para os máis pequenos da casa. Sobre as cinco do serán, no local social e, xa pola noite, a partires das 21 horas, degustación de castañas e liscos, con actuación musical.

31 de outubro de 2014 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.