Curso de mellora da atención comercial en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O Concello de Marín organiza un curso de mellora da atención comercial na praza de abastos de Marín que terá lugar os días 29 de setembro, 6, 13, 20 e 27 de outubro, en horario de 17 a 20 horas.

Para inscribirse poden facelo, ata esgotarse as prazas dispoñibles, no 886204352 ou ben no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com achegando o nome completo, DNI e número de teléfono de contacto.

Os obxectivos do curso van desde a adquisición de coñecementos e actitudes para a eficaz promoción e venta de produtos nas prazas de abastos; analizar a importancia de obter información sobre as necesidades da clientela para deseñar unha estratexia comercial exitosa; adquirir pautas e técnicas para mellorar a presentación do produto no punto de venda; identificar o perfil idóneo dos profesionais da praza de abastos; adquirir unha visión global das etapas do proceso comercial ou o desenvolvemento de técnicas comerciais aplicadas aos procesos de vendas nas prazas de abastos para mellorar os resultados comerciais.

1 de outubro de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.