Curso de limpeza industrial en Nigrán
A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da OMIX e organiza un curso de “Limpeza industrial” , para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos ( as persoas maiores de 35 anos poderán anotarse en lista de agarda ). O curso é de balde
Lugar e prazo de solicitude: do 3 de novembro ao 8 de novembro no Rexistro Xeral do Concello
Requisitos: estar empadroado no Concello de Nigrán, estar en situación de desemprego e estar en posesión do título de Educación Secundaria Obligatoria.
Documentación: DNI, tarxeta do paro ( no seu caso ) e volante de Padrón excepto as persoas empadroadas en Nigrán.
Mais información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: omixnigran@nigran.org











