Curso de fotografía con cámara réflex no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A aula Cemit do concello do Carballiño acolle un novo curso de fotografía, impartido polo profesional Hector Guzman, e que se centrará no manexo da cámara dixital reflex.

Este curso está dirixido a todas as persoas que teñan cámara reflex dixital e queiran aprender a usala e, sobre todo, sacar dela o maior proveito. Así mesmo ofrecerase información para a compra deste tipo de cámaras, cales se adaptan mellor ás necesidades de cada usuario.

O curso desenvolverase os venres, desde este 24 de outubro até o 19 de decembro, de 20:00 a 23:00 horas, na citada aula Cemit do concello do Carballiño, situado na segunda planta da casa consistorial.

As inscricións poderanse realizar o mesmo día de inicio do curso, o venres 24 de outubro. Para máis información poden chamar ao teléfono 605 882176.

21 de outubro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.