publicidade hoxe

Cotobade promove o aforro enerxético instalando tecnoloxía led

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, firmou esta mañá o Contrato de Adxudicación das obras de aforro enerxético con responsables da Empresa Adxudicataria, Intecner, que ganou o Concurso Público entre 15 empresas, que promoveu o Concello para favorecer a competencia e o aforro de costes.

O proxecto da intervención ascende a 60.000 euros, dos cales o INEGA aporta o 85% do total.

As obras foron adxudicadas en 37.510 con IVA incluido.

Sustituiranse lámpadas de vapor de sodio de 125 kw por outras con tecnoloxía Led Blussens, que garantizarán un aforro do 50% nos cuadros de luz nos que se actuarán.

O Goberno Local encargou un estudio de aforros á Consultoría Enmacosa para coñecer qué cuadros son os que máis consumen do Concello e nos cales se podería aforrar máis. Tras ese estudio decidiuse actuar en varios cuadros de luz da Parroquia de Carballedo, que con esta intervención reducirán o seu gasto nun 50%.

20 de outubro de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.