publicidade hoxe

Cores Tourís visita o Pazo Quinteiro da Cruz xunto aos alcaldes de Salvaterra e As Neves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesPontevedraRibadumiaSalvaterra de Miño
A-
A+
Visita ao Pazo Quinteiro da Cruz

Visita ao Pazo Quinteiro da Cruz

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta tarde o pazo Quinteiro da Cruz, situado en Ribadumia, acompañado polos alcaldes de As Neves, Raul Emilio Castro e de Salvaterra do Miño, Arturo Grandal, co obxectivo de coñecer as especies e variedades de camelias existentes neste lugar de cara a poder aplicar estes coñecementos no obradoiro de emprego que se está a executar de xeito conxunto entre ambos municipios do Condado-Paradanta.

Deste xeito, o delegado territorial e os dous alcaldes, que acudiron acompañados por técnicos municipais do Servizo de Xardinería, puideron coñecer as máis de 50 especies e 2.000 variedades con que conta a finca do pazo Quinteiro da Cruz, da man do seu propietario, Pedro Piñeiro.

Este pazo conta cunha das plantacións máis importantes de camelias de Europa, que data do século XVIII e con 7 hectáreas nas que, ademais desta árbore, tamén se atopan carballos, pinos mansos e buxos de máis de cen anos, así como un xardín botánico e unha plantación de viño albariño destinada a adega coa que conta Quinteiro da Cruz.

A colección de camelias é unha das maiores do continente, contando con variedades de Vietnam, Xapón, China, Nova Zelanda, Sudáfrica, Estados Unidos ou Portugal, entre outras. Trátase dunha finca visitable de grande interese botánico e ornamental que en 2014 recibiu en Madrid o primeiro premio ao Real Xardín Botánico de España.

O obxectivo da visita foi coñecer as diferentes variedades de camelia, de xeito que se poidese ampliar a experiencia posta en marcha xa no pasado nestes dous concellos do Condado-A Paradanta, onde se creou unha plantación de máis de 400 exemplares. “Agora queremos ampliar as especies coas que contamos de cara a que se poidan utilizar nos traballos que se van a desenvolver no obradoiro de xardinería que se acaba de poñer en marcha”, explicou Raul Emilio Castro.

“Necesitamos asesoramento técnico non só para coñecer as diferentes especies e variedades que mellor se poden adaptar ao Condado e A Paradanta senón tamén para saber onde se poden atopar ou mercar”, engadiu pola súa banda Arturo Grandal.

O obradoiro posto en marcha entre ambos concellos estanse a formar durante seis meses 20 alumnos en dous cursos, un de Xardinería e outro de Forestal. Conta un investimento por parte da Consellería de Traballo e Benestar de 178.000 euros, chegando aos 220.000 euros coa aportación de materiais e medios de ambos concellos.

Entre os traballos que desenvolverán nos concellos de As Neves e Salvaterra se atopan, no caso do primer municipio o xardín público e zonas verdes de Tortoreos e a área recreativa de Chandavide, así como no caso de Salvaterra, o xardín público da praza do concello e o xardín público de Marqués de Viana

22 de outubro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.