Conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Xoves 23 de outubro de 2014, a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense celebrará na rúa do Paseo, á altura do Edificio do Banco de España, o Día Mundial Contra o Cancro de Mama (19 de Outubro), dentro do mes do Cancro de Mama.

Instalarase unha carpa na rúa do Paseo en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 horas onde voluntarios e técnicos da AECC proporcionarán información sobre a importancia do diagnóstico precoz no cancro de mama.

Repartiremos lazos rosas como símbolo desta loita e tamén poremos á venta gafas rosas que reflicten o apoio de toda a sociedade e cuxos beneficios irán destinados á investigación e a diferentes servizos e programas da aecc de Ourense.

22 de outubro de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.