publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Concello de Neda e Garda Civil promoven charlas en materia de seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda, a través da Concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade, e a Garda Civil alíanse para ofrecer unha serie de charlas en materia de seguridade. Celebraránse entre o 4 de novembro e o 29 de abril nos diferentes locais sociais das entidades veciñais de Neda. En todos os casos, darán comezo sobre as 18 horas con entrada libre e gratuíta. As charlas están incluídas no Plan Maior Seguridade da Secretaría de Estado do Ministerio do Interior, e serán impartidas polo persoal formador da Garda Civil.

A primeira conferencia celebraráse o próximo martes, 4 de novembro, no local da AVV de Anca baixo o título “Os perigos de Internet e as redes sociais”. Ten como obxectivo fundamental potenciar a máxima información sobre os principais perigos que hai detrás de Internet e a necesidade de protexer sempre a identidade e a privacidade persoal, moi concretamente as fotografías e vídeos, para evitar que cheguen aos “ciberdelincuentes” ou “ciberacosadores”. Esta mesma charla repetiráse o día 17 de novembro no Roxal, o 29 de xaneiro en Viladonelle e o 23 de febreiro na Casilla do Puntal. Así mesmo, no marco deste programa, celebraránse tamén charlas baixo o título “Prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores”.

A primeira, o 9 de marzo no Roxal. E, a partires desta data, o 25 de marzo en Anca, o 17 de abril en Viladonelle e o 29 do mesmo mes no Puntal. Neste caso, o obxectivo é facilitar información aos maiores dos riscos que constitúen unha maior ameaza para a súa seguridade e as medidas de prevención dos mesmos. Trataránse temas como o maltrato das persoas maiores no seu ámbito familiar, residencias…; medidas de prevención de roubos nos seus domicilios; para a prevención de tiróns, furtos e roubos no entorno das entidades financieras, ou accións de prevención de estafas e do uso fraudulento das súas propiedades, fondos, cartos e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas. Ao mesmo tempo, trátase de fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade e desenvolver conductas proactivas para a denuncia das situacións e delictos dos que poden ser vítimas.

30 de outubro de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.