Complicado partido de Os Ingleses ante o Universidade de Ourense
Complicado partido o que logrou sacar adiante Os Ingleses ante unha Universidade de Ourense que plantou cara até o final do encontro.
E é que os Ourensáns saíron desde o primeiro minuto enchufados e encerraron aos arosanos no 22, do que non lograban saír debido sobre todo á falta de intensidade.
No minuto 16 Abraham adiantaría aos das burgas mediante un ensaio que non lograron transformar. (5-0)
Aos poucos Os Ingleses comezaban a entrar en dinámica e Pintos lograría no minuto 25 o primeiro ensaio arosano, transformándoo el mesmo. (5-7)
Tan só tres minutos despois a mercé dun Golpe de Castigo volvería adiantarse Ourense. (8-7)
Chegarían entón os mellores minutos das conxunto inglés no que parecía que podería romper o partido conseguindo o ensaio Miguel e transformando un Golpe de Castigo Pintos precisamente provocado por Miguel que tras unha gran xogada dirixíase ao ensaio e desafortunadamente tería que ser substituído por lesión. Chegando ao descanso cun marcador de (8-17)
Na continuación Pintos convertería outro Golpe de castigo que foi contestado en dúas ocasións polos Ourensáns que ademas tras un ensaio no minuto 57 conseguían adiantarse no marcador (21-20)
Saíu a relucir entón a caste e orgullo inglés que mais por empuxe e oficio que por bo xogo comezou a dominar o encontro. Loso no 63 tras unha asistencia de Hache e posteriormente no 72 no que só tivo que pousar o balón tras un extraordinario traballo de toda a melé sentenciaría o partido e lograba o bonus ofensivo (21-30)
No que restaba de partido Os Ingleses dedicar a manexar a vantaxe no marcador e evitou que Ourense lograse un bonus defensivo mais que merecido pola boa imaxe mostrada.
A pesar de non xogar un bo partido Os Ingleses conseguirían 5 puntos que o afianzan no mais alto da clasificación cos mesmos puntos que o líder Ferrol.
David Losada “Non conseguimos en ningún momento do partido desenvolver o noso xogo, eles marcaron o ritmo do choque, a pesar disto logramos unha importante vitoria pero queda moito por traballar”
O próximo partido será o día 8 de novembro cando reciba á Muralla de Lugo.
ALIÑACIÓN: Sito, Lema, Morris (JJ min. 72), Hache, Marcos, Chantre (Loso min. 40), Dorro, Tiago (Birbi min. 55), Jairo, Cachopo, Mikel (Sisas min. 72), Pintos, Miguel (Biris min. 35), Chester e Suso.











