Comezan as obras de rehabilitación do firme da Avenida da Habana e Ramón Cabanillas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Mañá xoves día 30 de outubro darán comezo as obras de execución de rehabilitación de firme en varios tramos da rede viaria da cidade, levadas a cabo pola Concellería de Infraestruturas: Avenida Habana (tramo Curros Enríquez – Concepción Arenal), Ramón Cabanillas (tramo Bedoia – Avenida Habana) e zonas puntuais da rúa Padro de Lonia, Xoan XXIII, Concello e Curros Enríquez.

Os traballos darán inicio mañá xoves a partir das 21:30 horas, provocando diversos cortes de acceso ao tráfico: entre as 21:30 horas do xoves e as 0:30 horas do venres permanecerá pechada a rúa Ramón Cabanillas, e entre as 00:00 e as 7:30 horas a Avenida da Habana. Tamén a noite do venres ao sábado se cortará a calzada en horario nocturno en Ramón Cabanillas, e probablemente na Avenida da Habana, en función do ritmo das obras.

En días sucesivos, e ata o fin da obra, se levarán a cabo máis cortes nocturnos de acceso á calzada destas rúas, para continuar co levantamento de tapas de rexistro e repintar as marcas viais, así como cortes puntuais de carril nas rúas Xoan XXIII, Concello e Curros Enríquez.

As obras que dan comezo mañá foron adxudicadas á empresa Fevisa vías y obras S.L., por un total de 88.330 euros, en base ao acordo adoptado na Xunta de Goberno Local do 14 de agosto.

Actuacións incluídas

Na Avenida da Habana (tramo comprendido entre Curros Enríquez e Praza de Concepción Arenal) e na rúa Ramón Cabanillas (entre Bedoia e Habana), o pavimento está composto actualmente por unha capa de rodadura de adoquín granítico que se atopa en servizo dende hai máis de 15 anos. Presenta na actualidade deficiencias que afectan á seguridade da circulación, á comodidade do usuario e á durabilidade do pavimento. Para corrixir as deficiencias observadas, plantéxase unha solución de rehabilitación de firme con recrecemento, solución que xa se adoptou no seu día para o primeiro tramo da Avenida da Habana rehabilitado.

Pola súa banda, nas rúas Xoán XXIII, Concello (fronte á Subdelegación de Goberno) e Curros Enríquez, as paradas de autobús e zonas de carga e descarga, que foran executadas con pavimento de adoquín, teñen un mal estado de conservación, como consecuencia das accións do tráfico. Na rúa Prado de Lonia, no seu primeiro tramo desde a estrada OU-536, é precisa a reparación do firme na intersección coa rúa de acceso á Universidade, acomenténdose unha rehabilitación estructural desta zona do pavimento, incluída nestas obras.

29 de outubro de 2014 | 20:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.