Comezan as obras de mellora do abastecemento en Curros Enríquez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño iniciou as obras de mellora da rede de abastecemento na rúa Curros Enríquez, nas que se vai aproceder a colocar nova tubaxe, en reposición da antiga que estaba a dar numerosas avarías nos últimos tempos. Con esta actuación evitarase que esas avarías, que en moitas ocasións provocaron inundacións en baixos e garaxes da zona, se repitan, xa que se introducirá unha tubaxe completamente nova en todo o seu tramo.

A obra proxectouse de tal forma que non será necesario levantar novamente a beirarrúa, cabe lembrar que hai pouco menos dun ano esta rúa foi renovada en superficie. Naquela obra non se puido acometer este proxecto de abastecemento por ser unha obra subvencionada e cun tempo de remate definido.

Agora realizaranse varias catas ao longo da rúa, por onde se introducirán as tubaxes novas, causando as menores molestias para os veciños e viandantes da zona. Iso si, cortarase a subministración por tramos, pero o tempo mínimo, para a reposición de cada un dos tramos.

O período de execución estimado será dunhas tres semanas.

30 de outubro de 2014 | 14:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.