Comezan as obras de mellora das rúas do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Tal e como se anunciou, o concello do Carballiño está a executar o plan de mellora das rúas e viarios. Algunha destas rúas non son de propiedade municipal, polo que, desde o concello, realizáronse diversas xestións para que as administracións propietarias, executasen esas melloras. É o caso de Martínez Avellanosa, propiedade da Xunta de Galicia. Por este motivo o organísmo autonomico procederá ao seu arranxo, desta e outras rúas que son de titularidade autonómica e que, antes de cedelas ao concello, deben estar en perfecto estado.

As obras en Martínez Avellanosa comezarán este xoves. Por este motivo infórmase aos veciños e propietarios de garaxes desta rúa que durante o xoves e o venres estarán realizandose as obras. O primeiro día, o xoves, poderase circular por ela, só os que teñan garaxe na mesma. Pero o venres, cando se realizará a fase de compatación, non se poderá circular, polo que piden de antemán desculpas aos veciños, aínda que se lles lembra que estas obras permitirán ter unha mellora substancial da rúa. As obras executaranse desde o cruzamento da Casa Azul até a rotonda da Alameda.

En concreto os traballos que levarán a cabo nesta rúa serán os de arado da actual capa de rodaxe, para posteriormente pasar á compactación dunha nova capa, finalizando co pintado dos sinais viarios en cada unha delas.

21 de outubro de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.