publicidade hoxe

Comeza a XXVI Tirada de Bolos Concello de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deportes, pon en marcha unha nova tempada de bolos. O sábado 4 de outubro no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXVIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XVª Tempada e a VIª da Liga Feminina.

Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, hai uns dias tivemos unhas Xornadas de Promoción dos Bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón, celebradas os dias 29 e 30 de setembro, polas cales pasaron tódolos alumnos-as do IES.

A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada, xa que non se modificou ningunha norma. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.

1 de outubro de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.