COGAMI informa aos empresarios de Pontevedra sobre os beneficios pola contratación de persoal con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Cámara de Comercio de Pontevedra organizan unha xornada informativa sobre a responsabilidade social empresarial a través da discapacidade, un seminario que pretende informar ao empresariado dos beneficios por contratar a persoal laboral que ten discapacidade.

O acto, que inicia ás 18:30 horas vai ser inaugurado polo Presidente Cámara de Comercio, Eduardo Barros Pereira, a Concelleira de Asuntos Sociais, María del Carmen Fouces Díaz e o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

A continuación, na xornada presentarase o Servizo de Intermediación Laboral que ten COGAMI, e que en Pontevedra conta cunha base de datos constituída por 3.916 persoas.

A continuación, unha empresaria vai contar a súa experiencia na contratación de persoal con discapacidade, e ademais, falarase dos incentivos á contratación de persoas con discapacidade e de medidas alternativas ás que se poden acoller as empresas, e para finalizar, COGAMI presentará o grupo de empresas de economía social que ten e os proxectos e alianzas no marco da RSE.

14 de outubro de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.