Cinco rapaces escapan dun centro de menores tutelados de Rábade
Cinco rapaces fuxíronse do centro de menores tutelados Santo Anxo na localidade de Rábade (Lugo), dous dos cales reingresado este venres ao mesmo.
Segundo informaron fontes da Consellería de Traballo e Benestar, da que depende este centro de menores tutelados, os cinco novos fuxiron o mércores pola noite.
Cando se produciu a fuga comunicáronse os feitos ás forzas de seguridade para localizar aos menores, dous dos cales regresaron na mañá deste venres ao centro de Rábade.