Chega ao Teatro Colón a versión teatral da película Amantes de Vicente Aranda
En 1991 estreábase Amantes, a película de Vicente Aranda que amosaba unha tormentosa relación de tres chea de paixón, celos e violencia. Esta fin de semana chega ao Teatro Colón a versión teatral con Marta Belaustegui, Marc Clotet e Natalia Sánchez dando vida a este paixoal trío. Coorganizada polo programa PLATEA do INAEM Amantes poderá verse este sábado 1 de novembro ás 20:30 horas no Teatro Colón.
Victoria Abril, Jorge Sanz e Maribel Verdú eran os tres protagonistas deste filme que estivo nomeado a sete premios Goya (dos que levou o de mellor película e mellor director), por este traballo Victoria Abril recibiu o Oso de Prata á mellor actriz no Festival de Berlín. O propio Vicente Aranda xunto a Álvaro del Amo asinan a dramaturxía, centrando a acción nos tres protagonistas dunha historia que comeza como unha comedia de enredo, para penetrar na turbiedade do melodrama e culminar na catarse liberadora propia da traxedia. Trini, Luisa e Paco amosan ao espectador o peso dunha sociedade que afoga e que en palabras de Álvaro del Amo segue afogando ‘esa sociedad que ahogaba a mitad del siglo pasado no deja de agobiar ahora, la atmósfera y el entorno cambian de atuendo y de mobiliario, pero trae el mismo aire enrarecido para que el género humano continúe su tránsito, ilusionado y desesperado hacia la redención’.
A proposta emocionante e case hipnótica ten tamén algo de thriller para ambientar esta historia dun home atrapado entre dúas mulleres antagónicas. É a mesma historia que narra a película pero contado dun xeito distinto como indica o dramaturgo e director Álvaro del amo ‘simplificamos la trama adaptándola al lenguaje escénico para llegar a la esencia del drama’. Simplifícase a trama ao tempo que se complexizan os personaxes dotándoos dunha maior complexidade psicolóxica e dun pasado do que carecían na película.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural A Fundación, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.











