Cea-Magosto en Vila de Cruces
A Praza do Concello de Vila de Cruces será escenario dunha Cea-Magosto o vindeiro sábado 25 de outubro. A cita terá lugar ás 21.30 horas e nela, os asistentes disporán dun menú a base de callos, chourizos, panceta, castañas, sobremesa variada e café ao módico prezo de 12 euros persoa.
Os tickets poderán retirarse nos seguintes locais: Cactus, Café de Ramón, Don Din, Forno, Galicia, Rotonda, Verde e Violeta, antes do 22 de outubro.
De seguido haberá festa rachada acompañada do Dúo Master, ademais, contarase con carpa en caso de que a climatoloxía non acompañe.











