Castelao, de onte a hoxe, en Rianxo e Pontevedra
A Real Academia Galega, coa colaboración do Concello de Rianxo e do Museo de Pontevedra, está a desenvolver tres xornadas de conferencias sobre Castelao.
O xoves 16 de outubro, no auditorio de Rianxo, Xosé Luís Barreiro Rivas, Xosé Luís Axeitos e Carlos Mella achegárannos o perfil biográfico da súa polifacética personalidade. O martes 21 de outubro, no Museo de Pontevedra, Miguel Anxo Seixas, Xosé Díaz e Carlos Valle trazaron o perfil artístico do autor rianxeiro.
O xoves 30 de outubro, no salón de actos da Academia, ás 20:00 horas, abordarase a faceta literaria de Castelao, e contarase coa participación de Pilar García Negro, Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.











