Carlos Negreira aposta por unha lei do Solo consensuada para dar seguridade xurídica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, considerou que se faría “ben” se todas as forzas políticas fosen “capaces” de aprobar unha lei do solo “consensuada” para dar “seguridade xurídica” a todo o urbanismo.

“Eu creo que temos que acertar entre todas as forzas políticas a dotarnos dunha lei que de verdade nos sirva para moitos anos e non estar a cambiala continuamente, obrigando a cambios nos plans urbanísticos e xerando inseguridade xurídica no urbanismo”, respondeu ao ser preguntado pola nova lei de solo de Galicia, que este luns iniciou a fase de exposición pública.

Negreira cre que “hai que acertar”. “Levei tantas leis do solo que se fai difícil, sobre todo aos concellos, construír cidade porque os cambios lexislativos son permanentes”, engadiu.

“Fariamos ben, sexa cual sexa a determinación, se fosemos capaces de aprobar unha lei do solo consensuada por fin entre todas as forzas políticas para darlle seguridade xurídica a todo o urbanismo”, comentou.

RÚA COSTA RICA

O rexedor herculino realizou estas manifestacións durante a súa visita á rúa Costa Rica, onde o Concello herculino renovou as beirarrúas e realizado labores de canalización.

Con estas obras, que se enmarcan no plan de modernización de espazos públicos, a casa do concello busca facer “máis homoxéneos” os espazos públicos da cidade.

14 de outubro de 2014 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.