Cangas sortea os postos de venta ambulante sen incidentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe martes 28 de outubro tivo lugar ás 09:00h da mañán no Salón de Plenos do Concello, o sorteo dos postos de venda ambulante pendentes de reubicar na Alameda Nova e que definitivamente se trasladarán o próximo venres 7 de novembro.

O acto presidido polo concelleiro de Urbanismo, Rafael Soliño, quen substituíu a concelleira titular, Berta Pérez, quen por motivos laborais non puído estar presente, transcurríu sen incidentes. Ademáis do concelleiro a mesa quedou asistida por técnicos municipais (secretario, asesor xurídico e conserxes da praza)

Os motivos do cambio de ubicación veñen motivados polos argumentos que este Concello a través da Concelleira de Comercio intentou trasladar persoalmente na reunión que mantivo con todos os interesados o pasado mércores 22 de outubro no Salón de Plenos.

O Concello soporta na actualidade uns gastos anuais de máis de 25.000 €/ ano para sufragar o pago das taxas que Portos de Galicia cobra pola realización dos mercadillos do martes e venres. Segundo manifestacións da propia concelleira “este goberno actúa con responsabilidade e en consecuencia non ten por que “subvencionar” o traballo dalgunha persoas nin “establecementos privados” a costas do cartos de todos os cangueses e canguesas, de aí que se propoña o traslado A MENOS DE 100 METROS do actual para evitar ese gasto desproporcionado.

Outros dos motivos que argumenta a Concelleira son as obras de acondicionamento tanto da Alameda Vella como da Praza de Abastos, lugares emblemáticos, que supoñen unha das cartas de presentación para os visitantes que se achegan ao noso Concello, e que na actualidade están en situación de deterioro, e sobre todo, a activación do comercio non só da Praza de Abastos senón tamén de todo o centro de Cangas, poñendo a funcionar a zona azul de aparcadoiros no entorno da praza e rúas contiguas como Eugenio Sequeiros, Eduardo Vicenti.

O mercadillo dos venres, afirma Berta Pérez, leva “disperso” dende as pasadas obras de acondicionamento das beirarrúas no entorno da Praza de Abastos, cando se deu traslado algúns dos postos cara os Xardíns do Señal quedando éstes perxudicados e desprazados do “centro” do mercadillo. O traslado definitivo do resto de postos aos xardíns permitirá unificar todo o mercadillo nun emplazamento único, fóra do canon de Portos, mellorando o control dos postos fronte aos ilegais, facilitando as compras aos usuarios, que con seguridade redundará no incremento das ventas de todos os vendedores por igual.

Dende este Goberno puntualiza Berta intentamos buscar SOLUCIÓNS para poder convivir todos en igualdade de condicións SEN PERXUIZO dos veciños e veciñas de Cangas.

28 de outubro de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.