Campaña de concienciación medioambiental en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O Concello de Marín, a través da concellaría de Medio Ambiente, vai organizar para o mes de novembro, unha campaña de sensabilización medioambiental, traballando o tema da reciclaxe.

Dita campaña vai dirixida a alumnos de 2º de primaria (entre 7 e 8 anos), sendo o máximo de alumnos 50. Se cos alumnos de 2º de primaria, non se completara o cupo de 50 alumnos, poderase completar con nenos doutros cursos, máis próximos a 2º de primaria. Os centros xa recibiron un mail coa información para que se poñan en contacto co Concello para coordinar as charlas. Nestas charlas vaise dar a coñecer entre os escolares a importancia do tratamento axeitado dos residuos, e concienciar aos nenos na importancia do reciclaxe para que tamén esta concienciación a leven ás súas casas.

A charla será impartida por persoal da empresa Urbaser, sendo o tempo aproximado da charla de 45 minutos.

20 de outubro de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.