Cambre concede a tres entidades sociais 7.500 euros para traballar pola integración de persoas con dispacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Sinatura dos convenios de colaboración

Sinatura dos convenios de colaboración

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas e a concelleira de Servizos Sociais e Benestar, María Jesús González Roel, asinaron o pasado 24 de outubro tres convenios de colaboración con varias entidades sen ánimo de lucro do concello, APEM, ARElA e ASPACE. A presidenta de Apem, Antonia Pérez, a presidenta de Arela, Belén Sixto, e Antonilin Rodríguez, de Aspace, asistiron o acto do pasado venres. En total o concello destina para as tres asociacións 7.500 euros co obxectivo de que continuen desenrolando os seus programas de axuda promoción social dos enfermos mentais, con paralise cerebral ou persoas con algunha discapacidade e as súas familias.

APEM (Asociación Peo Enfermos Mentales de La coruña)

Apem conveniou unha axuda de 3.000 euros. Entre os obxectivos desta asociación Asociación está o da recuperación e rehabilitación dos enfermos mentais do municipio de Cambre e a súa integración na sociedade, así como poder prestar asesoramento psicolóxico e sobre saúde mantal aos familiares dos afectados pola enfermidade mental, e posibilitar a ocupación do tempo de lecer deste colectivo que non ten suficientes recursos para poder acudir e desenvolver actividades acordes a súa problemática. Por todo isto, o concello de Cambre ven asinando nos últimos anos, convenios de colaboración con esta Asociación, xa que carece do persoal e recursos necesarios para fomentar este tipo de actividades. Ditos convenios formalizados en anos anteriores entre este Concello e APEM para a promoción social dos discapacitados psíquicos realizáronse de xeito satisfactorio.Así, un ano máis, proponse a aprobación dun novo convenio, para deste xeito seguir prestando a atención necesaria aos veciños e veciñas de Cambre con enfermidades mentais, físicas e/ou sensoriais a través dos recursos e persoal do que dispoña APEM, facilitando a incorporación nos talleres que se desenvolvan dende a mesma onde se entrena aos usuarios en diferentes técnicas: encadernación, enmarcado de cadros, cestería, xardinería, cerámica, cartón pedra, costura, coiro, mecánica,…

Así como participación na Escola de familia e grupos de autoaxuda. Actualmente asisten ao centro 6 veciños do municipio de Cambre.

ARELA (Asociación de Persoas con Discapacidade e Familiares de Cambre)

Arela conveniou unha axuda de 2.500 euros A Asociación de Persoas con Discapacidade e Familiares de Cambre (ARELA) nace no ano 2007, a través dun grupo de familiares de enfermos con algún tipo de discapacidade, xa sexa sensorial, cognitiva, física ou síquica que tiñan moitas inquedanzas e querían loitar polos dereitos das persoas con discapacidade e de poder ofertar, por un lado, máis actividades de ocio e lecer para este colectivo (excursións, saidas culturais, celebración de datas sinaladas,…), e por outro lado, poder ofrecer servizos de xeito máis económico que son necesarios para eles, tales como fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional. Así, proponse a aprobación dun convenio para formalizar a subvención nominativa consignada no orzamento municipal de 2014, e deste xeito colaborar na prestación da atención necesaria aos veciños e veciñas de Cambre con discapacidade e aos seus familiares, a través dos medios e persoal dos que dispoña ARELA, e facilitando a incorporación aos servizos e ás actividades de lecer que se desenvolvan dende a mesma e que son as seguintes:

SERVIZOS:

– Tratamiento logopédico: para previr e tratar alteracións da fala, voz, linguaxe, audición, lectura e escritura.

As sesións (2 semanais de unha hora cada unha) se realizan de xeito individualizado e en coordinación co Centro de ensino do neno.

– Fisioterapia: potenciar o desenvolvemento sicomotor que limita a independencia dos usuarios, empregando un conxunto de técnicas que prevén e readaptan aos usuarios.

A fisioterapeuta contratada, traballa no local da Asociación de luns a venres catro horas diarias, sumando un total de 20 horas semanais.

–  Terapia Ocupacional

– Piscina rehabilitadora

ACTIVIDADES:

–  Excursións

– Asistencia a varios partidos en Riazor

– Comida de Nadal e Entroido

Actualmente existen case 40 socios que se benefician de todos estes servizos e actividades, e o obxectivo do Concello de Cambre coa sinatura deste convenio e promover e dar a coñecer esta Asociación a todo o municipio de Cambre para que posibles usuarios se poidan beneficiar das actividades da mesma.

ASPACE (Asociación de Paralíticos Celerabrales)

Aspace conveniou unha axuda de 2.000 euros.Proponse a aprobación dun convenio para formalizar a subvención nominativa consignada no orzamento municipal de 2014, e deste xeito colaborar na prestación da atención necesaria ás familias de Cambre con paralise cerebral, para beneficiarse do servizo de hidroterapia través dos medios e persoal dos que dispoña ASPACE.

28 de outubro de 2014 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.