publicidade hoxe

Baralla recupera a normalidade dos servizos tecnolóxicos co InnovaTE da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLugo
A-
A+

A Deputación de Lugo facilitou a volta á normalidade dos servizos tecnolóxicos de Baralla nas instalacións do Centro Sociocultural do Concello, sede provisional dos servizos municipais tras a explosión dun artefacto na Casa do Concello o pasado día 2 de outubro, que afectou gravemente ao edificio impedindo o seu normal funcionamento. Para iso, os  técnicos provinciais do programa InnovaTE instalaron as conexións e configuraron os equipos tecnoloóxicos necesarios para garantir a correcta atención ao cidadán nesta localización provisional. Unha vez garantida a normalidade de servizos nestas instalacións, os traballos continuarán esta semana na Casa Consistorial para poder reestablecer a normalidade o antes posible.

“Baralla volveu ter Internet grazas á Deputación”, tal e como destacou hoxe o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quen informou de que a semana pasada os técnicos provinciais do InnovaTE conectaron o Centro á banda longa da Deputación. Así está asegurada a conexión de Internet do Concello e que os veciños de xeito que os veciños poden facer uso novamente dos servizos tecnolóxicos no seu municipio. “A nosa colaboración seguirá aberta, como non podería ser doutra maneira, para que Baralla recupere canto antes a normalidade administrativa e operativa”, subliñou Gómez Besteiro.

O Presidente tamén avanzou que, esta mesma semana, os técnicos do InnovaTE regresarán a Baralla para traballar na Casa do Concello, gravemente afectada polo artefacto explosivo do pasado 2 de outubro, onde farán unha análise das necesidades tecnolóxicas que permitan recuperar canto antes a normalidade.

O Concello de Baralla é un dos 49 Concellos lucenses adheridos ao InnnovaTE, un proxecto tecnolóxico posto en marcha pola Deputación e financiado nun 80% pola Unión Europea, que permitiu que os veciños deste Concello dispuxeran de acceso á administración electrónica ou sen papeis, de varios puntos de acceso wifi libre e gratuíto na Casa Consitorial e en prazas públicas, o que lle supuxo á entidade local un aforro conxunto duns 340.000 euros.

13 de outubro de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.