As tarxetas Milenio para desempregados tramitaranse dende o luns na rede de oficinas de ABANCA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Transportes do Concello de Ourense rematou a primeira fase da implantación das novas Tarxetas Milenio que permiten ás persoas desempregadas empadroadas na cidade viaxar gratuitamente no servizo municipal de autobuses. Na oficina sita nas Burgas, posta en marcha polo Concello hai 4 meses con esta finalidade, tramitáronse xa un total  de 3.032 tarxetas para persoas en situación de desemprego que previamente solicitaran cita previa.

A oficina rematará pasado mañá, venres, a súa actividade que se prolongou durante 4 meses para facilitar a obtención das tarxetas e garantir un rápido e fluído ritmo de atención ao público. Dende o vindeiro luns, as persoas desempregadas que ainda non dispoñan de tarxeta poderán solicita-la en calqueira das oficinas de ABANCA en Ourense, sen necesidade de pedir cita previa.

Deberán presentar, como ata agora, certificado de empadroamento (que poden solicitar no Concello, na Oficina municipal da Ponte ou na de Atención Cidadá), certificado de estar inscrito como demandante de emprego, que deberán recoller o día anterior nas oficinas de emprego (rúa Gómez Franqueira ou Progreso-Xardín do Posío) e o documento nacional de identidade.

Dende a implantación da Tarxeta Milenio para persoas desempregadas, as persoas beneficiarias realizaron un total de 140.997 viaxes nos autobuses urbanos, das que 50.440 realizáronse no mes de setembro.

1 de outubro de 2014 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.