As facturas que se presentarán a aprobación do pleno de Ourense contan cos pertinentes informes de conformidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Todas as facturas que o goberno municipal presentará a aprobación do pleno do Concello, previsto para o venres día 7 de novembro, foron fiscalizadas de conformidade pola intervención municipal e contan co visto bo técnico e político para o seu pago.

O goberno municipal considera lamentable que o Partido Popular minta publicamente, como fixo esta mañá insinuando irregularidades ou falta de visto bo técnico de facturas que son correctas á vista dos diferentes servizos municipais que interviron no expediente.

No caso das facturas da empresa á que aluden, Aquagest: foron fiscalizadas de conformidade pola Intervención municipal e informadas favorablemente polo Servizo de Contratación.

En todo caso, aun sendo completamente correctas, en aras de buscar o consenso necesario para a súa aprobación plenaria, e entendendo que a retirada do punto da orde do día, produciría un perxuicio para os proveedores e proveedoras que se inclúen neste recoñecemento, solicitará un novo informe aos Servizos que correspondan.

O goberno municipal esixe responsabilidade ao principal grupo da oposición, ao Partido Popular e solverá calquera dúbida que estas facturas visadas de conformidade polos técnicos municipais, podan ser tramitadas no prazo de tempo máis breve posible. 

30 de outubro de 2014 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.