As exposicións retrospectivas da Ferraría e a Audiencia prorróganse durante un mes
As exposicións Pontevedra desde o río e A Ferraría, que están respectivamente na praza do mesmo nome e diante da Audiencia Provincial serán prorrogadas alomenos un mes, ante as numerosas consultas que aínda se observan.
Aínda que é imposible obter datos sobre a cantidade de visitantes que tiveron desde que están exhibíndose, considérase que é bastante numeroso, a xulgar polos comentarios que suscita e pola xente que adoira verse por ambos espazos.
Pontevedra desde o río é unha mostra realizada pola Asociación de Veciños de San Roque coa colaboración municipal, e reflexa fotografías antigas da cidade en relación coa ría e os ríos Lérez, Rons e Gafos, colección que se convirte nunha crónica retrospectiva da vida urbana dos últimos cen anos.
A Ferraría é a última das 8 exposicións que desde o inicio do verán ocuparon os cubos instalados na Ferraría. Trátase dunha mostra que recolle en cinco áreas temáticas a historia deste simbólico e importantísimo espazo urbano, organizada polo Arquivo Municipal e comisariada polo seu director, Enrique Sotelo Resurrección. O catálogo da mostra pode conseguirse gratuítamente nos cafés Savoy e Carabela, así como nas oficinas municipais e de turismo.











